Visitas

luns, 18 de abril de 2011

Resultados III Torneo Total Soccer

Xa temos os resultados do torneo disputado esta fin de semana en Madrid (en verde o campión, en vermello o subcampión):

Equipos: Real Murcia - Madrid Total Soccer "A"

Open: Sergio Ramos (Madrid Total Soccer) - Juan Noguera (Real Murcia)

Veteráns: Juan Carlos Granados (Real Murcia) - José León (Tiburones)

Sub-19: Antonio Casín (Tiburones) - Kiko Gamino (Tiburones)

Sub-12: Juanjo Núñez (Moralzarzal) - Iñaki Iriarte (Moralzarzal)

Féminas: Carmela Gerosa (Ayerbe FM10) - Caridad Vázquez (Moralzarzal)

Consolación: David González (Tiburones) - Paolo Gerosa (Ayerbe FM10)

martes, 5 de abril de 2011

III Torneo Total Soccer

O xogador da semana: Ferrán Coll

Desta vez, presentamos a un catalán, que dende a sua chegada á AFM, está a dar moita guerra e máis dun quebradeiro de cabeza ós seus rivais. No seu periplo italiano colleu unha experiencia, que agora está a facer valer nos Tiburones FM:




Nome: Ferran Coll Blanco

Ano de nacemiento: 1968 (Barcelona)

Ano de iniciación: 1982

Clubes: C.S.Valentino (1982), C.S. Praga (1983-1985), C.S. Mataro (1986), C.S. Barcelona (1987-1991), C.S. Gràcia (1991-1994), F.T. Barcelona (1994-2008), Real Maremma-Grosseto (2007-2008), Warriors Torino (2008-2010), Tiburones FM (2009 ata agora)

Ranking nacional: 9

Ranking internacional: 66

Palmarés: 49 Torneos Nacionis AEJFMS, Campión do Ranking AEJFMS (98/99, 99/00, 00/01, 01/02, 02/03, 03/04, 04/05, 05/06, 06/07 e 07/08), Campión de España AEJFMS (1997, 2006 e 2007), Campión da Supercopa de España AEJFMS (2002, 2003, 2004, 2006 e 2007), 1 Open Internacional FISFT (2008)

Se queres formar parte desta sección, manda os teus datos a subbuteogalicia@gmail.com.

luns, 28 de marzo de 2011

Resultados da LEFM 2011

Sorpresa na primeira volta da LEFM disputada esta fin de semana en Barcelona. O Tiburones FM "A", é o lider provisional, empatado a puntos con AFT Turia 1981. Os dous equipos empataron dous partidos (o que os enfrontou e contra o Real Murcia) e gañaron o resto.
A decepción, e digo isto sen ánimo de ofender a ninguén, foi o Real Murcia, quen non puido aguantar o pulso de malagueños e valencianos, e cedeu un empate máis, fronte o Madrid Total Soccer "A", que de momento, obrígalles a facer un esforzo extra na segunda volta da LEFM que se disputará en Málaga no mes de Xuño.

Clasificación de primeira división:

1º       TIBURONES FM "A"                   11 
2º       AFT TURIA 1981                         11
3º       REAL MURCIA                             9
4º       MADRID TOTAL SOCCER "A"   7
5º       MALLORCA AGUILAS               3
6º       GIBRALTAR TSA                         0

Clasificación da segunda división:
 
1º       TIBURONES FM "B"                    7
2º       MADRID TOTAL SOCCER "B"   7
3º       AYERBE FM10                             3
4º       BARCELONA FT                         0

martes, 22 de marzo de 2011

LEFM 2011


O vindeiro fin de semana, vaise disputar en Barcelona, a primeira volta da Liga Española de Fútbol de Mesa (LEFM), que desta vez, contará con oito equipos participantes en primeira división: Real Murcia, AFT Turia 1981, Tiburones FM, Madrid Total Soccer, Gibraltar TSA, Mallorca Águilas, Barcelona Futbol Taula e Ayerbe FM10.
O gran favorito para acadar o título, non é outro que o Real Murcia, actual campión de liga. Por outra banda, o AFT Turia 1981, está en horas baixas, ainda que tentará facer un bo papel. As ameazas dos dous "grandes" do fútbol de mesa nacional, son o Madrid Total Soccer e o Tiburones FM, que esta tempada xa deron máis dunha sorpresa. O Ayerbe FM10, debutará na competición, e de seguro que vai facer un papel máis que respetable. Mallorca Águilas, Barcelona FT e Gibraltar TSA, tentarán mellorar o papel do ano pasado, pero o van ter moi difícil, tendo en conta os catro equipos que mandan no ranking da AFM.
O espectáculo está servido.
Toda a información sobre a liga, a poderedes atopar en http://lefm2011.blogspot.com/.

xoves, 3 de marzo de 2011

Xa está de volta... Subbuteo News!


Estamos de noraboa. A web adicada ó Fútbol de Mesa, Subbuteo News, está de novo operativa. Nesta web, poderedes ver todo o relacionado cos torneos internacionais, así coma o Ranking da FISTF.

luns, 28 de febreiro de 2011

Piero Capponi novo presidente da FISTF

Segundo acabamos de coñecer, o italiano afincado en España, Piero Capponi, presidente da AFM, foi elexido presidente da FISTF, depois do congreso celebrado esta fin de semana en Madrid.


luns, 14 de febreiro de 2011

Resultados XXVIII Campionato de España de Fútbol de Mesa


O Fútbol de Mesa, viviu esta fin de semana, a sua celebración particular, con motivo do XXVIII Campionato de España de Fútbol de Mesa. O torneo, disputouse na localidade malagueña de Fuente de Piedra, dentro dun gran ambente a moita participación. Lamentablemente, outro ano máis, non houbo participación galega.
O cadro de campións quedou como segue:

Open: Carlos Flores (Reggio Emilia)
Veteráns: Vicenç Prats (Warriors Torino)
Sub-19: Antonio J. Casín (Tiburones FM)
Sub-15: David González (Tiburones FM)
Sub-12: Jesús Moreno (Tiburones FM)
Feminino: Carmela Gerosa (Ayerbe FM)
Consolación: J.C. Guerrero (Madrid Total Soccer)

 
Aspecto que presentaban as instalacións (Foto: Jose Manzanero)

Carlos Flores, no centro, recollendo o seu trofeo (Foto: Jose Manzanero)

Vicenç Prats, no centro, recollendo o seu trofeo (Foto: Jose Manzanero)

J.C. Guerrero, no centro, recollendo o seu trofeo (Foto: Jose Manzanero)


xoves, 10 de febreiro de 2011

O xogador da semana: Antonio Montaño

Hoxe temos con nos, a un andaluz que está a traballar moi duro polo Fútbol de Mesa na sua terra, onde gracias o seu esforzo, saen á luz cativos con moita ilusión no xogo, e que de seguro, serán o futuro do noso deporte:



Nome: Antonio Miguel Montaño García

Ano de nacemiento: 1972 (Sevilla)

Ano de iniciación: 2009

Clubes: Tuburones FM (2009 ata agora)

Ranking nacional: 14

Ranking internacional: 224

Palmarés: Subcampión Autonómico de Andalucía (2009 e 2010), Campión Provincial Sevilla (2010)

Se queres formar parte desta sección, manda os teus datos a subbuteogalicia@gmail.com.