Visitas

luns, 14 de decembro de 2009

Resultados dos Torneos Provinciais

A falta de coñecer os resultados do Torneo Provincial de Murcia, estos son os campións e subcampións dos distintos Torneos Provinciais disputados entre o 5 e o 13 de Decembro de 2009:

Torneo Provincial de Valencia:

O vencedor foi Vicente Benita (AFT Turia 1981), despois de quedar primeiro na liguilla de 5 xogadores coa que se disputou o torneo. O segundo clasificado foi Raúl Benita (AFT Turia 1981).

Torneo Provincial de Barcelona:

Vicenç Prats (Torino Warriors) derrotou na final a Alex Araujo (Catalunya FT), por un axustadísimo 2-1.

Torneo Provincial de Málaga:

O vencedor foi o veterano xogador Luis F. Mendez (Tiburones FM), despois de derrotar na final a Abraham García (La Flota Soccer Club) cun cómodo 4-0.

Torneo Provincial de Mallorca:

Contra todo pronóstico, o vencedor foi David Somoza (Mallorca Águilas), que se desfixo na final de Xisco Sastre (Mallorca Águilas). O torneo decidiuse nos penaltis, xa que ó final do partido o marcador reflexaba un empate 1-1.

Torneo Provincial de Madrid:

Non houbo lugar a sorpresas en Madrid. O italiano afincado na capital, Emilio Richichi (S.C. Palermo), derrotou o tamén italiano-madrileño Piero Capponi (S.C. Madrid Total Soccer) por un claro 4-1.

Torneo Provincial de Sevilla:

Antonio Montaño (Tiburones FM), desfíxose na final de Migue Tejada (TIburones FM) despois de endosarlle un contundente 6-1.

Ningún comentario: