Visitas

luns, 21 de decembro de 2009

Resultados dos Torneos Satélite da FISTF de Madrid

A pasada fin de semana, disputáronse en Madrid o "1º International City of Madrid" e o "1º Christmas International Open". Con unha gran afluencia de xogadores, o espectáculo estivo asegurado.
O vencedor do "1º International City of Madrid" (Sábado 19 de Decembro), foi, na categoría Open, o noso veciño portugués Sergio Ramos (Lazio), despois de derrotar na final ó italiano Giulano Gazzoldi (Leonessa Brescia) por un axustado 2-1. Na categoría por equipos, o vecedor foi o Real Murcia "B" (España), que se desfixo do Master Sanremo (Italia) endosándolle un 2-1.
O día seguinte, celebrouse o "I Christmas International Open", resultando vencedor en categoría Open (a única que se celebrou) Giuseppe Guzzetta (Catania), despois de derrotar o veterano Paolo Finardi (Warriors Torino) na final por 2-0.

Ningún comentario: