Visitas

venres, 4 de xuño de 2010

Resultados do Major de Bologna 2010


Fixéronse de rogar, pero por fin temos os resultados do Major de Bologna, que se disputou a pasada fin de semana na localidade italiana.
O torneo, que está entre os mais prestixiosos do mundo, contou cunha enorme participación, xa que foron 240 os xogadores nas distintas categorías e 42 equipos de toda Europa, entre eles o Real Murcia.
Éxito dos xogadores españois, xa que Carlos Flores (ASD F.lli Bari - Reggio Emilia), fíxose co título en categoría Open, despois de "aplastar" (polo menos o resultado así o fai ver) a Valéry Dejardin (J.S.C. Rochefort) cun abultado 6-2.
Na categoría Sub-19, a final española entre José Ros (Real Murcia) e Ivan Romera (Real Murcia), quedou sen disputarse, xa que por problemas de tempo, e para evitar pérdidas de avións, quedou aplazada para xogarse probablemente en Murcia (estamos agardando os resultados se é que finalmente se xoga a mesma).
Por equipos, os vencedor foi o ASD F.lli Bari - Reggio Emilia (que conta nas súas filas cos españois Carlos Flores e Juan Noguera).
En veteranos, o vencedor foi Martijn Bom (C. S. Warriors Torino 1983).

Ningún comentario: