Xa temos tódolos resultados do Open Internacional Rexión de Murcia que se disputou esta fin de semana en Archena (Murcia).
Na categoría Open, non houbo sorpresas, e o campión foi, coma case sempre, Carlos Flores, que derrotou na final, a Angel Valverde.
Na categoría de Equipos, o Rochefort Table Soccer, foi quen de asaltar o reino murciano, e derrotar ós anfitrións na final.
Na categoría Veteranos, Fernando Gómez conseguiu un título que o fai ainda máis grande, despois de vencer a Jose León.

O resumo de campións e subcampións nas distintas categorías é o seguinte:
Equipos
Campión: Rochefort Table Soccer (Belxica)
Subcampión: Real Murcia CF
Open
Campión: Carlos Flores (Reggio Emilia)
Subcampión: Angel Valverde (Real Murcia)
Campióeon Consolacion: Alfonso Montaño (Tiburones FM)
Subcampíón Consolacion: Piero Capponi (Madrid Total Soccer)
Veteranos
Campión: Fernando Gomez (AFT Turia 1981)
Subcampió Jose Leon (Tiburones FM)
Sub-19
Campión: Ivan Romera (Real Murcia CF)
Subcampión: Pedro Ortin (Real Murcia CF)
Sub-15
Campión: Javier Moreno (Tiburones FM)
Subcampión: David Gonzalez (Tiburones FM)
Fonte: http://subbuteospain.mforos.com/
Noraboa a tódolos campións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario