Visitas

luns, 20 de decembro de 2010

Salceda de Caselas: o venres calor, o sábado frío, moito frío

Pasou a fin de semana, e o Fútbol de Mesa pasou por Salceda de Caselas (Pontevedra), gracias ó Concello da localidade. A verdade é que a pesar do esforzo realizado por tódalas partes, as cousas non sairon como un esperaba, pero non deixaremos de tentar a sorte.
A xornada do venres realizouse no Pavillón do I.E.S. Pedras Rubias. Alí, coa axuda dos opearios do Concello, a Concelleira de Cultura (Tere) e dos profesores de Educación Física do instituto (Begoña e Luis), preparáronse os cinco campos cos que os rapaces do instituto ían poder disfrutar do Fútbol de Mesa. En total, foron catro as clases que pasaron polo Pavillón, perto de 80 rapaces, e dou fe de que disfrutaron coa actividade.

Aspecto que presentaba a montaxe no Pavillón do I.E.S. Pedras Rubias

Os rapaces escoitan atentamente as explicacións de Santi R. Escudero (Foto: Tere Pérez)

Santi R. Escudero ensinándolle as regras os rapaces (Foto: Tere Pérez)

As rapazas tamé disfrutaron do xogo (Foto: Tere Pérez)

Máxima tensión nos distintos enfrontamentos (Foto: Tere Pérez)

Sacando de centro despois dun gol (Foto: Tere Pérez)

O día seguinte, o sábado, a actividade desplazouse para o Centro Social A Devesa. Igualmente, montáronse cinco campos máis un pequeniño para os mais cativos, coa axuda da xente do Concello. Nada mais abrirse ó público a actividade, recibimos a primeira visita, un rapaz que o día anterior estivera no instituto e estaba moi interesado no xogo. Foi a única visita en toda a mañá... o frío debía ser a causa... Pola tarde máis do mesmo, nada máis abrir, o primeiro visitante, o mesmo rapaz. A verdade que iso foi moi ilusionante, ver alguén realmente interesado en coñecer todo sobre o Fútbol de Mesa. O resto do tempo, transcurriu entre partido e partido, aprendendolle as regras do xogo ó rapaz (levou coma premio un set Total Soccer), e agardando máis visitas... Algunha houbo, un familiar e un amigo que se achegaron ata ali para coñecer o xogo. A última visita do día, foi a do Alcalde de Salceda, Marcos, acompañado da su pequena. A verdade, é que fixo frío, moito frío...
Pero penso que podemos ter unha cousa positiva... igual temos un futurible novo xogador galego, xa que o rapaz, amosou maneiras... quen sabe.

Aspecto que presentaba o Centro Social A Devesa

As visitas, disfrutando do xogo

O alcalde de Salceda xogando cos máis cativos

Novamente, queremos agradecer dende aquí, a colaboración do Concello de Salceda de Caselas por darnos a oportunidade de facer esta actividade, e a Total Soccer, polo material que nos achegou.

2 comentarios:

donbuche dixo...

Ánimo Santi!
A mi me pasó lo mismo en Arenys de Munt (Barcelona) y no vino ni el gato.
Mira: http://goo.gl/ZAnk

Joan Galtés - Palomar FT

Subbuteo Galicia dixo...

Gracies Joan!! La verdad es que aunque desanima un poco,ya tengo ganas de poder organizar otra "fiesta" del Subbuteo!!