Visitas

mércores, 4 de setembro de 2013

Mundial de Fútbol de Mesa: Madrid 2013

O ansiado Mundial de Fútbol de Mesa, chega a Madrid, e disputarase esta fin de semana no Hotel Auditorium.
Despois de 31 anos, España acolle o Mundial, sendo no ano 1982 celebrado en Bracelona, coincidindo coa Copa Mundial da FIFA.
España é se cadra, unha das grandes favoritas, xa que parte como actual campiona en categoría Open, tanto por equipos como individual, e ademáis, hai potencial suficiente nas categorías inferiores para acadar otro título e resarcirse dos subcampionatos en anos anteriores.


A importancia do evento é tal, que o diario deportivo Marca, adícalle no xornal de hoxe, duas páxinas completas a toda cor.


Os que teñades a oportunidade de estar en Madrid, non dubidedes en disfrutar dunha gran xornada de Fútbol de Mesa.
Toda a información xobre o Mundial, podedes atopala na web oficial.

Ningún comentario: