Visitas

lunes, 23 de septiembre de 2013

Torneo Cidade de Murcia 2013

A pasada fin de semana, disputouse o primeiro torneo do circuito nacional puntuable para o ranking da AFM. Como era de esperar, os mellores xogadores españois do momento, Carlos Flores, Angel Valverde, Alberto Mateos e Raúl Benita (todos xogan na liga italiana), foron os que acadaron as semifinais.
Carlos Flores desfíxose de Raúl Benita cun claro 6-1, e Ángel Valverde, desfíxose do campión do mundo Alberto Mateos por 2-0, o que fala da igualdade que hai entre ambos. Xa na final, Carlos Flores fixo valer a súa veteranía, e na prórroga, foi quen de anotar o gol de ouro que lle deu a victoria final sobre Ángel Valverde por 2-1.

Imaxe da final entre álgel Valverde (esquerda) e Carlos Flores (dereita) (Facebook da AFM)

O resto de resultados foron os seguintes:

Final Consolación: Juan Carlos Granados - Jesús Moreno 3-1

Final VETERÁNS: Antonio Montaño - Juan Carlos Granados 2-0

Final SUB19: Antonio Jesús Casín - David González 5-4 (Prórroga)

Descarga os resultados completos aquí.