Visitas

xoves, 17 de xuño de 2010

Participa: e ti que farías?

Imos plantexar unha situación que se poden dar nos distintos torneos, e gustaríanos saber que é o que ti farías nese caso:

Imaxínate que estás no último partido na fase de grupos. Xa estás clasificado para a seguinte rolda, pero o resultao do partido pode decidir o primeiro ou segundo posto do mesmo. Dependendo do posto que acades, primeiro ou segundo, lóxicamente terás un rival distinto. Imaxínate ademáis, que o teu rival no último partido, é moi inferior en xogo a ti. E agora o último detalle: se gañas, quedas primeiro e enfróntaste a un rival moi superior, e se perdes, lóxicamente quedas segundo, pero o rival que che vai tocar e moi asequible.

Ti que farías? Deixaríaste perder por medo o rival ou loitarías por gañar o partido independentemente do rival que te espera?

Deixa a túa resposta!!

3 comentarios:

millanou dixo...

ummm...sen dúbida, xogar a gañar pero...loxicamente este é un problema sen solución...tamén digo unha cousa, se o outro equipo queda segundo, tampouco será tan superior...non é???
por certo, en competicións federadas, unha actitude "antideportiva" pode ser sancinable (ao final, como bo galego, non chegeui a dar ningunha contestación...jaja)
MILLÁN

Subbuteo Galicia dixo...

A historia está en que é moi difícil detectar este tipo de siutacións, pero se dan moitas veces. Algúns rivais de maior experiencia, soen "xogar" cos resultados en función dos cruces que poidan ter nas seguintes roldas. Estas son situacións, insisto que non se poden controlar, pero certo é que están ahí. Como se poden controlar? Non se sabe. O lóxico e o ético e o "non cobarde", é ir a gañar tódolos partidos sen mirar os rivais que che poden tocar despois.

Anónimo dixo...

La solución es no saber quien será tu rival. Para eso se deberían de hacer varios cruces y una vez terminados los grupos, sortear la plantilla de cruces que se va a utilizar para la siguiente ronda. Creo que es la única opción, otra cosa es que los que deben de solucionarlo quieran hacerlo...