Visitas

luns, 26 de outubro de 2009

1ª Liga Galega de Fútbol Chapas - Ourense 2009-2010


Esta noticia é do máis interesante que aconteceu na nosa comunidade no que ó fútbol en miniatura se refire, onns últimos anos. Ainda que o Fútbol Chapas, pouco ten que ver con Fútbol de Mesa (en canto a material utilizado, reglas de xogo, etc...), a verdade e que é unha gran noticia que aparezan, no panorama galego este tipo de movementos. Pode ser sen dúbida, unha gran axuda para o Fútbol de Mesa na nosa comunidade, porque ó fin o cabo, as dúas actividades poden ir da man, e máis se temos en conta o escaso número de xogadores que hai en ámbalas dúas disciplinas. Dende aquí, queremos mostrar o noso apoio a esta "1ª Liga Galega de Fútbol Chapas" e agardar, que, por que non, algún se interese polo Fútbol de Mesa. Máis información en http://chapasourense.blogspot.com.

Ningún comentario: