Visitas

luns, 26 de outubro de 2009

FISTF Europa Cup 2009


Xa estamos moi perto da disputa da FISTF Europa Cup, que este ano se celebrará na localidade belga de Tournai, os días 7 e 8 de novembro. A so dúas semanas do comezo da competición, o cadro de equipos españois a participar non está moi claro. Segura é a participación do S.C. Madrid Total Soccer, asi como do Real Murcia. O Tirurones FM parece que finalmente non participará, e nos queda a dúbida do AFT Turia 1981, que de asistir, poderia contar coa participación do galego Santi R. Escudero. Veremos o que pasa nos próximos días, xa que o prazo para a inscripción de equipos e xogadores remata o vindeiro 2 de novembro.
ULTIMA HORA: Confírmase a NON participación do equipo valenciano AFT Turia 1981,co cal non poderemos ver o xogador galego debutando na competición europea. Unha mágoa a ausencia do equipo valenciano, pero agardemos que os demáis representantes españois realicen un bo traballo. Atentos porque en canto esté publicada a lista definitiva de equipos participantes será colgada no blog.

Ningún comentario: