Visitas

viernes, 2 de octubre de 2009

O subbuteo en España nos primeiros anos da década dos 80

Rebuscando pola rede, atopei algunhas cousiñas moi interesantes. Exactamente, na hemeroteca dixital do xornal deportivo "El Mundo Deportivo", aparecían publicadas pequenas referencias ó mundo do "subbuteo" e a "Asociación Española de Subbuteo".
ANO 1980
A primeira das "reliquias", é a presentación en España do subbuteo, no ano 1980, e apareceu publicada o día 20 de Xuño de 1980, e lembremos que esn España o comercializaba a mítica Borras:
_
_
Outra das novas que apareceron ese mesmo ano, foi a celebración da Eurocopa de Subbuteo en Roma, que non tivo participación española. A publicación é do día 16 de Xullo de 1980:
_

_
ANO 1981
Dispútase no noso país o 1º Campionato de España de Subbuteo, aparecendo sendos anuncios sobre a celebración do mesmo os días 19 de Outubro e 26 de Novembro de 1981:
_


Eiquí temos un anuncio do xogo publicado o día 9 de Novembro de 1981:

_
ANO 1982
Este ano foi no que máis referencias ó subbuteo aparecen neste xornal, e non é por casualidade. España acollía o IV Campionato do Mundo de Subbuteo, que naquela época, faríase coincidir co Campionato Mundial de Fútbol. Previamente ó Mundial, celebráronse os Campionatos Rexionais, dos cales saerían os participantes no 2º Campionato de España de Subbuteo. Así mesmo, os campións "senior" e "junior" deste campionato, representarían a España no Mundial de Subbuteo.
As primeiras referencias que atopamos este ano, datan do 13 de Marzo e do 24 de Abril, nas que se anunciaban as eliminatorias do 2º Campeonato de España:
_



_
O 6 e 11 de Maio, aparecían sendos anuncios do Campionato do Mundo de Subbuteo:
_


_
Por outra banda, o 8 de Maio, temos quizáis a publicación máis curiosa de todas: aparecía publicada a lista dos campión rexionais, e por tanto, dos participantes no 2º Campionato de España de Subbuteo. Aparecen nomes coñecidos hoxe en día, como son Arturo Martínez (Perugia), Jose León (Tiburones FM), e os reenganchados Luis Domingo López (S.C. Madrid Total Soccer), Luis Felipe Méndez (Tiburones FM) e Xisco Sastre (Mallorca Aguilas FM). Pero o que máis nos interesa ós galegos, é a existencia de xogadores da nosa comunidade: Jose Sangiao Roca, Antonio Alfeirán Rodríguez, Antonio Álvarez Linares e José Antonio Mejuto. Si, na nosa comunidade xogábase o subbuteo, e seica había algún clube na cidade de A Coruña. ¿Que pasou para que esta afición morrera? ¿Que será deles? ¿Non lles interesaría reengancharse como están facendo outros xogadores? Ogallá tivéramos algunha resposta:
_

_
O 15 de Maio, aparecerían publicados os resultados do 2º Campionato de España de Subbuteo, sendo os campións Arturo Martínez e Xavier Berdala nas súas respectivas categorías:
_

_
O día 5 de Xuño volvían aparecer anuncios do Mundial:


E para rematar, os días 11 e 12 de Xuño, aparecían publicados os resultados do IV Campionato Mundial de Subbuteo, sendo campións o italiano Renzo Frignani e o xibraltareño Joseph Bonfante, quedando os españois Arturo Martínez e Xavier Berdala na 5ª e 8º posición, respectivamente, na súa categoría:

_
É curioso ver os patrocinadores que tiñan os campionatos naquela época (Iberia, AFGA, Cola Cao, SEIKO, Adidas,...). ¿Por qué agora non sucede o mesmo? Tempo ó tempo...
_
(Este artigo está feito en base ás publicacións atopadas na hemeroteca dixital do xornal deportivo "El Mundo Deportivo", polo que pode haber algún erro, o cal, se é detectado, pregaría se me fixera saber. Así mesmo pregaría que todo aquel que posúa información sobre os clubes e xogadores galegos da época, ma fixera chegar para poder escribir con máis profundidade do tema. Moitas gracias pola vosa colaboración).

1 comentario:

Anónimo dijo...

Extraordinario trabajo Santi. Si lo traduces al castellano podemos ponerlo en la web y el foro nacionales, si te parece bien, por supuesto.
Un abrazo!
JC