Visitas

luns, 5 de outubro de 2009

Resultados do XX Torneo Open Internacional de Valencia

Este fin de seman, disputouse en Mislata (Valencia), o XX Torneo Open Internacional de Valencia. Cunha participación de casi 40 xogadores en categoría Open, cerca de 20 en categoría veteranos, e 6 equipos, o éxito de asistencia estivo garantido. O espectáculo ofredido polos xogadores non foi para menos.
Na xornada do sábado 3 de Outubro, disputáronse tanto a competición por Equipos, como a competición de Veteranos. Distinto ano, pero mesmos resultados (ou case), xa que como ven sendo habitual nos torneos da AFM, os finalistas do torneo por equipos foron o AFT Turia 1981 e o Real Murcia, que se desfixeron do S.C. Madrid Total Soccer e do Tiburones FM (Málaga) respectivamente. O vencedor final, foi o Real Murcia, que derrotou ó AFT Turia 1981 por 3-1. Na categoría de veteranos, o vencedor foi o murciano J.C. Granados (Real Murcia), que derrotou na final ó catalán Arturo Martínez (Perugia). Os semifinalistas foron o valenciano Emilio Murciano (Real Murcia) e o xogador portugués Nuno Noronha (Tiburones FM).
_

Vista xeral da competición (Foto: Raúl Morán)

O domingo 4 de outubro, disputouse a categoría Open. O vencedor foi o de sempre, o número 1 mundial, o murciano Carlos Flores (Reggiana), que derrotou o tamén murciano Ángel Valverde (Real Murcia), por un claro 6-0. Os semifinalistas foron o murciano Alberto Mateos (Real Murcia) e o valenciano Jose León (Tiburones FM).

_
Un instante da final entre Carlos Flores e Ángel Valverde (Foto: M.A. Heredia)
_
Tamén se disputou o torneo de consolación, sendo o vencedor o valenciano Manolo Clemares (AFT Turia 1981), depois de derrotar na final ó madrileño Julio Candelas (Madrid 1980 S.C.). Os semifinalistas foron o valenciano Jonatan Caballero (AFT Turia 1981) e o madrileño Luís López (S.C. Madrid Total Soccer).
Como conclusión do torneo, pódese dicir que o nivel dos xogadores está a aumentar notablemente, e que cada día somos máis os interesados neste deporte, pero sobre todo, que o AFT Turia 1981 e o Real Murcia, seguen fortes, como a tempada pasada, pero non se poden descoidar, xa que a lo menos dous equipos van estar dando guerra, o Tiburones FM (Málaga) e o S.C. Madrid Total Soccer, ainda que se cadra, o equipo malagueño é, agora mesmo, o rival que máis problemas lles pode causar se temos en conta os reforzos cos que se fixeron para afrontar esta tempada.
Toda a información do torneo en http://www.futboldemesa.com/.

Ningún comentario: